O grupo Xinela fundouse en Zamáns no ano 1988 sendo a súa primeira actuación nese mesmo
ano nas festas que se celebran na parroquia no mes de setembro en honor á Virxe
dos Aflixidos.
Inicialmente o grupo estaba
formado por 8 membros, sendo o seu mestre Xosé Manuel Fernández Costas, músico
do grupo Folk Muxicas.
Anos máis tarde Xinela acompañou e colaborou na realización de 2 discos do Grupo Folk
Muxicas.
Xinela ten unha longa traxectoria polos máis diversos escenarios de Galicia e
Portugal, tocando en Porto, Lisboa, Ponte de Lima, Braga entre moitas outras vilas e participou tamén en varias
ocasións no programa Luar da TVG.
Na actualidade o Grupo está
formado por 26 membros que aprenden a tocar tanto a gaita como a percusión da
man do seu profesor José María Alonso como a bailar
coa profesora Clara María Cabezas.
Grupo de Baile e Gaitas da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns
Nome do grupo: “XINELA”
Data de constitución: Ano 1988
Datos 2006-2007:
Profesor de Gaita: José María Alonso Rodríguez
Profesora de Baile: Clara
María Cabezas
Lugar e horario de ensaio: A.V.C.R. San Mamede
de Zamáns Xoves
19:30 - 21h e sábados de 16-18h.
Música: Mercedes,
Claudio, Damián, Nieves, Patricia, Arsenio, Milagros,
Israel.
Baile: Eva, Manuel, Isolina, Alba, Lara, Rocio,
Alejandra, Angela, Beatriz, Iago,
Andrea, Iria, Silvia, Sandra, Reyes.
Datos 2007-2008:
Profesor de Gaita: José María Alonso Rodríguez
Profesora de Baile: Clara
María Cabezas
Lugar e horario de ensaio: A.V.C.R. San Mamede
de Zamáns Xoves
19:30-21h e sábados de 16-18h.
Música: Mercedes,
Maria Belen, Isolina,
Claudio, Alexandra, Anxo, Damián, Nieves, Patricia, Arsenio, Milagros, Israel.
Baile: Eva, Manuel, Isolina, Alba, Lara, Rocio,
Alejandra, Angela, Beatriz, Iago,
Andrea, Iria, Silvia, Sandra, Reyes.